Novo golpe á venda de droga polo miúdo en Vilagarcía cun detido

O Salnés
06 de xuño 2022

A Policía Nacional desarticulou un novo punto de venda e distribución de droga en pleno centro de Vilagarcía de Arousa. A persoa que, segundo os investigadores, era o responsable da venda de droga polo miúdo foi detido

Comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa Mónica Patxot

A Policía Nacional desarticulou un novo punto de venda e distribución de droga en pleno centro de Vilagarcía de Arousa. A persoa que, segundo os investigadores, era o responsable da venda de droga polo miúdo foi detido.

Trátase dun home, veciño de Vilagarcía, ao que se lle investiga por un delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas.

Foi interceptado polos axentes nos dispositivos establecidos cando levaba a cabo diferentes transaccións de droga, entre elas cocaína e heroína, en plena vía pública.

Desde a Policía Nacional destacan a importancia da colaboración cidadá á hora de realizar estes operativos, cos que nas últimas semanas desarticuláronse tres puntos negros en parques e zonas de lecer. 

Neles, incautáronse de varias doses de cocaína, marihuana e heroína ademais de importantes cantidades de diñeiro en efectivo.