Tres profesionais sanitarios do servizo de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra deron positivo por covid-19, segundo confirmou Sanidade.
Este novo brote nun hospital da área, tras o que afectou recentemente a unha das plantas de Oncoloxía do Hospital Provincial, mantén tamén a unha cuarta persoa en corentena.
A unidade de prevención de riscos laborais, recoñecen desde a área sanitaria, "está a cotexar" os casos para coñecer a cifra final de persoas afectadas.
Do mesmo xeito que anteriores brotes, Sanidade activou o protocolo covid-19 na área de Pontevedra, que se coordinou cos servizos sanitarios.