Novo impulso para o roteiro circular pola zona dos muíños de Daión

Soutomaior
13 de agosto 2025

O Concello de Soutomaior contará cunha subvención de 30.000 euros para financiar unha actuación que busca valorizar o patrimonio natural e etnográfico

Contona dos Muíños de Daión
Contona dos Muíños de Daión / Concello de Soutomaior

"A memoria sostible: a paisaxe litoral e fluvial de Soutomaior" é un dos tres proxectos aprobados por parte da Consellería do Mar a través do GALP Ría de Vigo.

Isto permitirá ao Concello e Soutomaior contar con 30.000 euros para financiar esta actuación que busca valorizar o patrimonio natural e etnográfico.

As principais actividades deste proxecto céntranse nun roteiro circular pola zona dos muiños e a divulgación e coñecemento dos hábitats e da flora costeira ameazada.

Tamén se porá en valor o litoral de Soutomaior e o río Verdugo como un refuxio natural para especies en perigo.

O proxecto inclúe actuacións de voluntariado ambiental para a mellora de hábitats, como limpezas de lixo na contorna das áreas de intervención ou eliminación de especies invasoras.

Outra das propostas consiste en instalar paneis interpretativos da zona.

Mesmo está previsto organizar unha xornada "ecofeminista" para visibilizar ás mulleres nas tradicións galegas desde o rural ata o mar.

En resumo, esta axuda redundará positivamente na calidade de vida da veciñanza de Arcade e do barrio da Devesa.