Case 189.000 euros custaron as obras para urbanizar o acceso ao novo campo de fútbol de Salcedo, o que completa unha nova fase na recepción de todo este espazo deportivo.
Os traballos, que foron pola empresa Zona de Obra O Rosal, desenvolvéronse ao longo deste verán.
Consistiron na creación dunha nova praza de acceso ao campo.
Así, o pavimento interior estendeuse até o exterior creando un espazo peonil que mellora a accesibilidade tanto á bancada como a outras áreas de uso público.
A iluminación exterior tamén estaba incluída neste proxecto e busca enmarcar as edificacións e os límites da zona urbanizada.
Tamén se completaron as dotacións do campo como a instalación dunha malla para balóns ou a canalización das augas pluviais de toda a parcela e do novo espazo público.
Se ben o paso definitivo para o campo de fútbol de Salcedo deuse o pasado mes de maio co final da obra, o remate da urbanización permite ir completando esta dotación deportiva.
Toda esta actuación rematará, finalmente, coa mellora do vía de acceso ao campo e a esta zona da parroquia.
Este último proxecto, segundo destaca o goberno municipal, xa está en tramitación.