A localidade turística de Sanxenxo acolle a apertura dun novo supermercado Froiz que ofrece calidade, bos prezos e unha ampla variedade en produtos frescos, de tempada, marcas líderes e produto Froiz.
Incorpora como novidade unha sección de pratos preparados e café. Nela, o cliente atopará diariamente comida caseira que pode levar ou degustar no propio local. Os profesionais Froiz son os que elaboran diariamente os pratos que se poñen á venda. Conta tamén con servizo de café e refrescos para levar ou tomar.
O supermercado conta cunha superficie comercial de 2.125 metros cadrados e parking gratuíto para clientes con capacidade para 80 prazas de aparcadoiro e punto de recarga de coches eléctricos. Este supermercado ofrece unhas instalacións cómodas e modernas, tanto para traballadores como clientes, e un equipamento máis eficiente que unha tenda convencional.
Conta coas seccións de frescos de venda asistida tradicional: carnicería, charcutería, froitería e pescadería, ademais das seccións dedicadas a alimentación xeral, adega, drogaría, refrixerados e conxelados. Dispón de máquina de zume de laranxa recentemente espremido, publicidade dinámica a través de pantallas Led, servizo a domicilio, compra online e caixas rápidas.
Neste novo establecemento Froiz traballan 40 profesionais de alimentación para ofrecer un bo servizo e atención. O horario é continuo de luns a sábado.
✔️2.125 metros cadrados de superficie comercial
✔️Pratos preparados e cafetaría
✔️Servizo a domicilio
✔️Compra online
✔️Parking para clientes
✔️Cargadores eléctricos
✔️Amplo en variedade en frescos, marcas líderes e marca Froiz
#Froiz, calidade, servizo e atención.