O alcalde de Poio dá positivo en covid-19

Poio
31 de marzo 2022

Segundo comunicou o Concello de Poio, nestes momentos o rexedor presenta sintomatoloxía leve

Luciano Sobral e Ana Pontón PontevedraViva

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, vén de dar positivo en covid-19. 

Segundo comunicou o Concello de Poio, nestes momentos o rexedor presenta sintomatoloxía leve.

A modo de precaución, durante os vindeiros días o alcalde manterase en contacto directo co Concello desde o seu domicilio.

Luciano Sobral naceu no ano 1953 e leva sendo alcalde de Poio ininterrompidamente dende 1995. No ano 2020 renunciou a seguir cobrando a dedicación exclusiva do Concello, para xubilarse e pasar a percibir a pensión que lle corresponde.

O pasado martes presidiu o pleno municipal no que tomou posesión o novo concelleiro do PSOE Julio Casás, que substitúe Chelo Besada, que abandonou a corporación.