O aparcadoiro Alameda permite o acceso a residentes e subscritores pero atrasa uns días máis a súa apertura

Pontevedra
09 de agosto 2014

A empresa Empark abriu este sábado a planta para subscritores pero anuncia que ata finais da próxima semana non se producirá a súa apertura total. O único acceso ao aparcadoiro, por Raíña Victoria

Parking de Montero Ríos co aviso de apertura para subscritores PontevedraViva

A empresa Empark reabriu este sábado de xeito parcial o aparcadoiro de Monteiro Ríos, pechado hai xa unha semana a causa dos danos ocasionados polo incendio dun vehículo.

Dende as 12:00 horas deste sábado residentes e subscritores poden acceder ás instalacións, ao terse habilitado a planta destinada para este efecto.

Non obstante a empresa que xestiona as instalacións atrasou un pouco máis a data para a apertura total do aparcadoiro ata finais da próxima semana.

Nesa data Empark confía poder abrir dúas das plantas, se ben a zona máis afectada polo incendio permanecerá pechada, ao ser os danos de máis consideración que os inicialmente previstos.

O único acceso habilitado para abonados e residentes é a entrada pola rúa Raíña Victoria.