Pontevedra repite, un ano máis, cun dos elementos decorativos que máis éxito tivo no pasado Nadal: o banco da Praza da Ferrería.
Nesta ocasión foi adornado con plantas e flores de tempada, así como cunha coroa floral que preside o arco central.
A iniciativa pretende converterse nun espazo para que todos os pontevedreses e os visitantes que virán á cidade nestas datas poidan tomarse unha instantánea de Nadal e compartila a través das redes sociais.
Para iso, a concellería de Desenvolvemento Sostible instalou un vinilo de #nadalpontevedra no photocall, de xeito que as fotografías que se colguen en Instagram, Facebook ou Twitter leven este hashtag e se difunda a imaxe da cidade.