O BNG de Cerdedo-Cotobade reclama máis seguridade na Ruta da Freixa

Cerdedo Cotobade
28 de setembro 2020

Ernesto Filgueira asegura que boa parte do itinerario atópase nunha "situación de abandono e de inseguridade"

Ernesto Filgueira, portavoz do BNG en Cerdedo-Cotobade BNG de Cerdedo-Cotobade

Ernesto Filgueira, portavoz municipal do BNG en Cerdedo-Cotobade, criticou o anuncio municipal de apertura e promoción da Ruta da Freixa, na parroquia de Santa María de Sacos.

Segundo Filgueira trataríase dunha acción positiva de non ser pola "situación de abandono e inseguridade" na que denuncia atópase boa parte do itinerario.

Despois de investir en adecuación do roteiro ao redor de 40.000 euros, a formación nacionalista asegura que esperaba unha intervención final na zona para poñela a punto.

Entre os problemas que sinala o BNG atoparíanse a necesidade de limpeza e eliminación de voluminosos, ou o desnivel nalgúns tramos polo efecto da choiva. Tamén reclaman a recolocación de postes e reposición de cordas de seguridade no tramo final, considerado de dificultade alta ao presentar máis dun 65% de inclinación no canón do río Lérez.

Por todo iso "a Ruta da Freixa non presta unhas condicións mínimas de seguridade que permitan a promoción da mesma", defende o portavoz do BNG.