O BNG de Poio recolle sinaturas demandando melloras urxentes no transporte regular

Poio
02 de novembro 2023

Os nacionalistas denuncian “a eliminación de horarios, itinerarios e paradas” e piden máis frecuencias regulares para o alunndo de Bacherelato e formación profesional

O BNG de Poio recolle sinaturas demandando melloras urxentes no transporte regular BNG de Poio

O BNG de Poio anunciou este xoves o inicio dunha campaña de recollida de sinaturas demandando melloras urxentes no transporte regular.

Os nacionalistas piden máis frecuencias regulares para o alumnado de Bacherelato e formación profesional.

Segundo explicaron nunha comparecencia, o motivo de iniciar esta campaña é denunciar a continúa "situación caótica" xerada a raíz do novo plan de transporte da Xunta, apuntando como principais eivas "a eliminación de horarios, itinerarios e paradas" que deixan aos usuarios sen un servizo "fundamental para vertebrar o país" e, "aínda por riba, sen unha oferta alternativa por parte de quen ten a competencia, a Xunta de Galicia".

Así, o texto dirixido a Conselleira de Infraestruturas e Medio Ambiente da Xunta, esixe "unha urxente solución" por medio do "reforzo e adaptación de servizos en horas que demandan os colectivos de persoas usuarias" e, en segundo lugar, do mesmo xeito, demandan que se amplíen as frecuencias regulares no tramo horario de 8 a 9 horas, nas paradas máis confluídas, para poder dar resposta ao alumnado de Bacharelato e Formación Profesional que precisa desprazarse ao seu centro de ensino. 

"Que se estudien por parte da Xunta o número de usuarios que demanda ese servizo, pode facelo en colaboración cos Centros de Ensino", apuntan.

Por iso o Bloque quere implicar a toda a poboación de Poio "para xuntos facer a forza necesaria e esixir que as administracións competentes adopten medidas" para que, de forma inmediata, doten de máis frecuencias regulares o servicio de transporte en Poio.

Esta mesma semana, mantiveron reunións coas ANPAS de Poio para que participen na recollida de sinaturas e fagan chegar toda a información ás familias.