O BNG pedirá a Feijóo que presione a Sonae para manter a actividade de Tafisa

Pontevedra
07 de xuño 2014

O comité de empresa de Tafisa reuniuse con Lores e os responsables comarcal e local do BNG en Pontevedra. O encontro desenvolveuse nun clima "moi cordial" e os responsables políticos ofreceron o seu apoio a todas as mobilizacións que fagan os traballadores

Reunión de responsables do BNG de Pontevedra co comité de empresa de Tafisa BNG

O BNG de Pontevedra ten intención de dirixir unha petición ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, para que medie e presione ao grupo luso Sonae para que reinicie a actividade productiva da fábrica de Tafisa en Ponte Caldelas.

O partido comprometeuse a facelo este venres no marco dunha reunión co comité de empresa de Tafisa na que estiveron presentes o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e os responsables comarcal e local do BNG en Pontevedra, Anxos Riveiro e Raimundo González. 

O encontro desenvolveuse nun clima que dende o BNG califican de "moi cordial" e os responsables políticos ofreceron o seu apoio a todas as mobilizacións que fagan os traballadoresAdemais, tamén se lles informou de que o luns día 9, ás 12.30 horas, manterán unha reunión co grupo parlamentario do BNG. 

Na reunión o alcalde pontevedrés aproveitou para informalos sobre as xestións que leva feito ata o día de hoxe, tal e como lle solicitara o propio comité de empresa.