O BNG presenta as súas emendas ás orzamentos xerais coas que "sairía gañando toda a cidadanía da comarca"

Pontevedra
09 de novembro 2021

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou as emendas parciais presentadas para ao Proxecto de Lei Orzamentos Xerais do Estado de 2022 para a comarca de Pontevedra e tamén para a capital provincial

Representantes comarcais do BNG con Néstor Rego
Representantes comarcais do BNG con Néstor Rego / BNG

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou as emendas parciais presentadas para ao Proxecto de Lei Presupostos Xerais do Estado de 2022 para a comarca de Pontevedra e tamén para a capital provincial.

Asegura o nacionalista que con estas emendas "sairía gañando toda a cidadanía da comarca de Pontevedra" ao tratarse de "actuacións polas que a veciñanza leva moito tempo agardando". Por ese motivo "esperamos que os partidos que conforman o goberno español teñan a suficiente sensibilidade como para atender estas demandas", defende Rego.

Entre as peticións o deputado do BNG destacou o proxecto de rehabilitación do Museo de Pontevedra "mesmo coa posibilidade de incorporar o convento de Santa Clara adquirido polo Concello", a mellora da seguridade viaria das estradas N-550, N-640 e N-541, a rexeneración da fronte marítima completando o paseo peonil entre Pontevedra e Marín e tamén a rexeneración da illa de Tambo restituíndo o seu uso civil e incorporándoa ao Parque Nacional Illas Atlánticas.

Néstor Rego estivo acompañado de representantes do BNG de Barro, Caldas de Reis, Cercedo-Cotobade, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Soutomaior e Vilaboa, ademais do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, cos que mantivo unha reunión para poñer en común os aspectos máis relevantes das emendas aos orzamentos xerais.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora