O Camiño Casás de Combarro será máis ancho para facilitar o paso de peóns e vehículos

Poio
04 de outubro 2022

Anchear as zonas más estreitas para garantir unha maior seguridade e facilitar o tránsito peonil e de vehículos. Ese será o principal obxectivo da actuación que o Concello de Poio vai a realizar no coñecido como Camiño Casás, situado na parroquia de Combarro

Julio Casás no Camiño Casás, en Combarro Concello de Poio

Anchear as zonas más estreitas para garantir unha maior seguridade e facilitar o tránsito peonil e de vehículos. Ese será o principal obxectivo da actuación que o Concello de Poio vai a realizar no coñecido como Camiño Casás, situado na parroquia de Combarro.

Os traballos, segundo explicou o edil de Obras e Servizos, Julio Casás, incluirán ademais a ampliación e reforzo do muro de contención do camiño, unha vía secundaria que é moi utilizada pola veciñanza da zona.

A maiores, a obra tamén servirá para levar a cabo unha renovación do pavimento, que nalgúns tramos está nunha situación de deterioro.

O edil apuntou que se está a falar con propietarios de terreos aos que afectará a actuación para acadar as pertinentes cesións.

Este proxecto será executado con fondos propios do Concello e dará continuidade á mellora que xa se efectuou hai uns anos na parte inicial desta vía, que se utiliza de xeito habitual como alternativa á PO-308, especialmente durante os meses de verán.

MELLORA DO CAMIÑO ESPIÑEIROS, EN LOURIDO

Por outra banda, Julio Casás tamén salientou que está a piques de rematar a mellora do Camiño Espiñeiros, en Lourido, na parroquia de San Salvador.

A cuneta tendida e o novo pavimento xa están listos e só falta realizar o pintado, que se completará "en poucos días", garantiu.

Esta actuación contou cun orzamento superior aos 23.000 euros e incluíu a dotación dunha rede de recollida de augas pluviais, renovándose os tramos máis deteriorados e instalándose naquelas zonas nas que aínda non existía.

Agora, as vivendas lindeiras contarán con esta prestación.