O campo de fútbol de Dorrón e o pavillón de Vilalonga chegarán renovados á primavera

Sanxenxo
26 de xaneiro 2024

Primavera. Ese é o horizonte temporal que se marca o Concello de Sanxenxo para ter terminadas as obras de renovación do campo de fútbol de Dorrón e do pavillón de Vilalonga. Ambas as dúas actuacións foi visitadas este xoves polo alcalde, Telmo Martín

Telmo Martín visita as obras do pavillón de Vilalonga Concello de Sanxenxo

Primavera. Ese é o horizonte temporal que se marca o Concello de Sanxenxo para ter terminadas as obras de renovación do campo de fútbol de Dorrón e do pavillón de Vilalonga.

Ambas as dúas actuacións foi visitadas este xoves polo alcalde, Telmo Martín.

No caso de Dorrón, os traballos céntranse no remate dos vestiarios e nas bancadas. A zona de bancada cuberta completarase cunha ampla terraza anexa á cantina desde onde tamén se poderá ver os partidos.

As obras, que ascenden a un millón de euros, están a ser executadas por Espina y Delfín, empresa concesionaria do abastecemento da auga en Sanxenxo, en compensación polo canon xerado no anterior contrato.

A obra contempla a dotación de céspede de última xeración para a práctica de fútbol 11 e 7, a colocación do céspede sintético de base elástica homologado pola FIFA, sistema de rega e iluminación. Ademais, acondicionarase a parcela exterior do campo como estacionamento. 

En Vilalonga, pola súa banda, a actuación céntrase na impermeabilización das instalacións, ata o de agora imposible debido ás continuas choivas, e a pintura das cerchas e da cuberta. 

Os traballos contemplan ademais o saneamento do muro exterior para evitar as filtracións de auga ao interior das instalacións, así como a impermeabilización dos voadizos e da cuberta, así como a reparación dos falsos teitos nos baños do ximnasio.

Ademais, habilitouse un vestiario para árbitros e nas próximas semanas cambiarase o pavimento do terreo de xogo por un novo de PVC. Tamén se pavimentará o núcleo de escaleiras e o ximnasio situado baixo a bancada. A actuación ten un custo total de 249.101 euros.

A maiores destas obras, o goberno municipal ten previsto renovar os terreos de xogo do campo de fútbol de Noalla e de Baltar de Arriba ao longo deste ano.