O Concello de Marín está en proceso de solicitar unha subvención para a redacción do Plan Especial de Protección para o casco antigo e para Cantodarea, segundo avanzou o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, na Comisión Informativa.
Para Santos, son "dúas zonas da vila que, polas súas particularidades, requiren dun especial tratamento a nivel urbanístico para garantir a conservación da súa esencia e do patrimonio".
Deste xeito, explicou que "no PXOM xa se recolle a necesidade de crear este plan especial para estas dúas zonas, co obxectivo de marcar as directrices urbanísticas que permitan desenvolver proxectos nelas" xa que, ata este momento, nestes espazos só está permitido conservar e manter o que xa está construído.
O prazo de redacción do plan é de aproximadamente entre "3 e 4 anos, xa que se vai realizando un plantexamento parcela a parcela". Estiman unha inversión necesaria de 200.00 euros para realizar este labor.
Como obxectivo final marcado, "é poder seguir desenvolvendo urbanísticamente Marín pero sen perder o foco da nosa arquitectura e fisionomía e respectando a tradición urbanística do espazo histórico e dun barrio tan tradicional e mariñeiro como é Cantodarea".