O castro da Subidá ampliará a súa superficie arqueolóxica

07 de xuño 2017

A escavación arqueolóxica está deixando á vista unha nova estrutura doméstica que se incorporará ao conxunto exposto deste xacemento de Marín

O castro da Subidá atópase durante estes días sometido a traballos arqueolóxicos para solucionar problemas de conservación das estruturas deste monumento. 

Segundo o Concello, trátase dun atractivo elemento patrimonial para Marín que, desde hai uns anos, intégrase con éxito na oferta cultural e turística municipal. Recibe numerosas visitas e é un punto de interese en diversas rutas de sendeirismo.

O castro da Subidá é un poboado fortificado castrexo, da Idade de Hierro, cunha superficie de tres hectáreas. A superficie exposta foi escavada e consolidada en 2011.

A finais desta semana terminarán os traballos que están a deixar á vista unha nova estrutura doméstica que se incorporará ao conxunto exposto. Tamén se están rexistrando achádegos de diversos materiais utilizados polos habitantes desta aldea na súa vida cotiá, tales como fragmentos cerámicos das vaixelas utilizadas na cociña e na mesa. Tamén se atopou unha doa de colar realizada en pasta vítrea. Cando finalece a escavación, iniciaranse os traballos de consolidación e acondicionamento deste novo espazo. 

O Concello de Marín ten previsto desenvolver diferentes actividades neste espazo para que sexa coñecido maioritariamente polos cidadáns do municipio.