O CEIP de Cabanas - Salcedo triunfa no 40 Concurso Escolar da ONCE en Galicia

Pontevedra
20 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O certame tiña como proposta para docentes e estudantes a creación do 'Inclusionario', o denominado diccionario máis democrático e inclusivo da historia coa aparición de palabras que definen a importancia da inclusión das persoas con discapacidade na sociedade actual

Xurado do 40 Concurso Escolar da ONCE en Galicia ONCE

Os colexios CEIP de Cabanas, Salcedo (Pontevedra), CEIP de Castrelo de Miño (Ourense) e CPI As Mirandas, Ares (A Coruña) foron seleccionados como gañadores de Galicia no 40 Concurso Escolar do Grupo Social ONCE.

O certame consistía en que docentes e estudantes elaborasen un 'Inclusionario', un dicionario co obxectivo de ser o máis democrático e inclusivo da historia ao converterse no primeiro con palabras que definen a importancia da inclusión das persoas con discapacidade na sociedade.

O centro escolar pontevedrés lograba este éxito nun concurso que contou coa participación de 5.167 escolares de 63 centros educativos de Galicia

Os participantes tiñan que ofrecer unha palabra e o seu significado nun cartel creativo. No proceso podían escribir a palabra a modo de lettering (debuxando artisticamente as letras), ou mesmo como nalgúns dicionarios, elaborando un debuxo que acompañe á palabra e que axude a apoiar a súa definición.

Para realizar as creacións, o persoal docente dispoñía de material didáctico en liña, elaborado por persoas expertas en inclusión e tamén na utilización de palabras.

Os grupos vencedores nesta fase autonómica terán a oportunidade de gozar dunha experiencia para a aula valorada en 500 euros, segundo a ONCE. Docentes e alumnado recibirán unha tablet para seguir aprendendo sobre a historia da inclusión. 

Agora, no ámbito estatal do concurso, máis de 146.000 estudantes axudarán a crear o 'Inclusionario' coas súas achegas de ideas e reflexións para impulsar a inclusión.