O Centro de Saúde de A Parda celebrará obradoiros grupais sobre diabetes, obesidade ou menopausa

Pontevedra
10 de febreiro 2015

Se pode pedir información contactando no teléfono 986.86.88.24 do centro de saúde pontevedrés para participar neste programa formativo e asistencial

Novidoso taller con enfermos de Crohn e colite ulcerosa Sergas

O centro de saúde de A Parda en Pontevedra planificou a celebración durante os vindeiros meses de varios obradoiros para tratar cos pacientes procesos coma a diabetes tipo II, a obesidade, a menopausa, as doenzas de espalda ou a mellora da actividade física.

Este programa formativo e asistencial ofértase a pacientes de toda a comarca, aínda que non teñan asignado o seu facultativo no centro de saúde de A Parda. Poden pedir información contactando no teléfono 986.86.88.24.

Un dos obradoiros -coordinados e organizados pola enfermeira Carmen Abeledo Márquez-profundizará no tratamento da diabetes tipo II durante catro sesións semanais -os vindeiros xoves 12, 19 e 26 de febreiro e o xoves 5 de marzo, en horario de 10,30 a 11,30 h-.

Outro obradoiro analizará desde diversas perspectivas a obesidade, explicando os múltiples beneficios de saúde que xenera a perda de sobrepeso nos pacientes e expoñendo diversas técnicas e estratexias para perdelo. Así mesmo, esta actividade formativa no centro de saúde de A Parda plantexará aos asistentes iniciativas de actividade física, expoñendo tamén beneficios e estilos de vida saudable.

Este curso de tratamento da obesidade desenvolveráse no centro de saúde entre marzo e maio, ao longo dun total de oito sesións:os xoves 26 de marzo, 9, 16, 23 e 30 de abril; 7, 14 e 21 de maio, sempre en horario de 10:30 a 11:30 horas.

Por outra banda, este centro sanitario celebra un obradoiro de actividade física todos os mércores de 10 a 11 horas, no que é necesario dispoñer de cita previa, do mesmo xeito que un obradoiro de actividades físicas para mellorar a espalda, para pacientes de Fisioterapia derivados polo médico.

Xa a finais de maio, Centro de Saúde de A Parda acollerá un obradoiro de tratamento e adaptación á menopausa, no que se analizarán as súas etapas e síntomas, consellos para manterse saudable tras este proceso vital femenino, así como o estudo dos seus factores de risco. Esta actividade formativa desenvolveráse en horario de 10:30 a 11:30 horas.