O centro de saúde de Moraña terá unha nova consulta e cinco salas polivalentes

Umia
04 de novembro 2021

O centro de saúde de Moraña, que atende a unhas 3.800 persoas, foi construído no 1987 pero presenta unha serie de necesidades que é preciso atender. Non dispón de locais suficientes para atender ao número de usuarios e algúns deles presentan problemas de accesibilidade ou dimensións insuficientes

Centro de saúde de Moraña
Centro de saúde de Moraña /

A reforma e ampliación do centro de saúde de Moraña é unha actuación que a Xunta de Galicia incluíu no seu plan de infraestruturas sanitarias.

"Para nós é unha gran nova que este compromiso da Xunta sexa unha realidade, xa que mellorará a capacidade asistencial do noso centro de saúde, polo que estamos moi satisfeitos", asegurou o alcalde, José Cela.

O centro de saúde de Moraña, que atende a unhas 3.800 persoas, foi construído no 1987 pero presenta unha serie de necesidades que é preciso atender de cara a potenciar a prestación dos servizos sanitarios con toda a calidade posible.

O actual centro non dispón de locais suficientes para atender ao número de usuarios e algúns deles presentan problemas de accesibilidade ou dimensións insuficientes.

Ademais, dotar ao centro de novas consultas de profesionais é un dos obxectivos deste proxecto, polo que será obrigado reestruturar a súa actual distribución.

Os espazos que se contemplan para a ampliación do centro de saúde son unha nova consulta de Medicina, unha sala de técnicas, unha sala polivalente e unha sala de docencia. Tamén se prevé a creación dunha sala de xuntas e outra para o descanso do persoal.