O concelleiro de Obras Urbanas destaca que "o nivel de esixencia que temos os veciños de Pontevedra é moi elevado"

Pontevedra
02 de setembro 2021

O concelleiro de Obras Urbanas e  Mobilidade de Pontevedra, Demetrio Gómez referiuse ás queixas de veciños de Campolongo e A Parda polo estado que presentan estes barrios onde denuncian a falta de limpeza, a deterioración das beirarrúas e o mobiliario urbano, escasa iluminación pública, presenza de maleza ou falta de coidado dos xardíns, entre outras deficiencias

Demetrio Gómez, concelleiro de Obras Urbanas e Mobilidade de Pontevedra
Demetrio Gómez, concelleiro de Obras Urbanas e Mobilidade de Pontevedra / Mónica Patxot

O concelleiro de Obras Urbanas e Mobilidade de Pontevedra, Demetrio Gómez referiuse ás queixas de veciños de Campolongo e A Parda polo estado que presentan estes barrios onde denuncian a falta de limpeza, a deterioración das beirarrúas e o mobiliario urbano, escasa iluminación pública, presenza de maleza ou falta de coidado dos xardíns, entre outras deficiencias.

Demetrio Gómez lembrou que o Concello de Pontevedra durante este mandato "está a facer un esforzo moi grande no sostemento dos espazos públicos para mantelos en boas condiciones pero, evidentemente, isto non dá para atender a todos os barrios ao mesmo tempo".

O edil nacionalista asegurou que se actuará en todos os barrios. A día de hoxe iniciáronse traballos na urbanización de Monte Porreiro "onde tamén había queixas e por suposto atenderanse tamén as dos veciños do barrio da Parda e de Campolongo".

"O nivel de esixencia que temos os veciños de Pontevedra é moi elevado. Está moi ben que os veciños teñan este espírito construtivo que nos fai saber as deficiencias que hai en cada barrio. Tentaremos atendelas todas", dixo Gómez Xunqueira que pediu "unha pouquiña paciencia" á cidadanía "porque seguro, seguro, que imos chegar".

O concelleiro de Obras apuntou que a existencia de grandes proxectos con importantes investimentos económicos nalgunhas zonas da cidade como Loureiro Crespo ou Monte Porreiro "iso non quita que de cando en vez haxa que ir facer labores de mantemento ou reparacións segundo sexa necesario".