O Concello busca unha solución conxunta para o asentamento chabolista de Ponte do Couto

Pontevedra
04 de febreiro 2015

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués, o colectivo ecoloxista Vaipolorío e a asociación veciñal de Eduardo Pondal e a Cultural San Cibrán de Tomeza, participaron este martes nunha reunión cos concelleiros de Benestar Social, Carme Fouces e de Obras, Luis Bará, para abordar unha solución conxunta ao asentamento marxinal de Ponte do Couto

Reunión coas asociacións implicadas na reforma do Gorgullón
Reunión coas asociacións implicadas na reforma do Gorgullón

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués, o colectivo ecoloxista Vaipolorío e a asociación veciñal de Eduardo Pondal e a Cultural San Cibrán de Tomeza, participaron este martes nunha reunión cos concelleiros de Benestar Social, Carme Fouces e de Obras, Luis Bará, para abordar unha solución conxunta ao asentamento marxinal de Ponte do Couto.

Neste encontro explicouse a reforma da contorna que comprende dende a estrada do Marco a Tomeza ata a rúa O Gorgullón.

A reforma da rúa Otero Pedrayo ofrece unha oportunidade de actuar sobre este poboado chabolista, saneando a zona e ampliando a senda do río dos Gafos.

O Concello pretende unha actuación global que tamén atenda a perspectiva social das familias residentes neste poboado, aínda que son conscientes da dificultade que entraña a medida que require da necesaria participación doutras administracións.

A proposta municipal pasa pola expropiación dos terreos, unha idea a longo prazo, debido á lenta tramitación administrativa, e tamén cara, xa que ao ser terreos rústicos pero urbanizables encarecen o prezo final.

O goberno local ten previsto convocar os donos dos terreos nos que se encontra a ponte do Couto para iniciar as negociacións.