O Concello de Cuntis continúa co seu plan de mellora da rede viaria interna garantindo a seguridade do tráfico tanto nos núcleos máis poboados como nos viais de acceso ás parcelas agrarias.
Dentro deste Plan de Mellora de Camiños o Concello incluíu un vial de apenas 800 metros de lonxitude que dá acceso desde a N-640 á parroquia de San Mamede, co firme en avanzado estado de deterioro.
Co aportación económica do Agader, do Ministerio de Agricultura e da Deputación de Pontevedra, o Concello de Cuntis conseguiu a financiación para invertir os 67.154 euros que permitiron mellorar tanto o firme como o ancho deste vial, que pasa a ter agora 6 metros, incrementados nos cruces nos que se asfaltou parte do entronque.
A obra comezou cunha limpeza das cunetas con retroescavadora, transportando o material ao vertedoiro e a actuación nos bordes para ampliar o ancho da plataforma destinada a circulación de vehículos, garantindo así unha circulación fluída no dous sentidos.
O alcalde, Manuel Campos, recordou que dende o comezo do mandato se mostrou que o seu goberno aposta polo rural como ben demostran as últimas intervencións para a mellora de camiños e vías de acceso.