O Concello de Cuntis repara o paseo do río Gallo

Umia
31 de maio 2016

O alcalde socialista, Manuel Campos, indica que se converteu en costume que desde a Xunta de Galicia non se atendan as demandas que se realizan desde este Concello

Reparación do paseo do río Gallo
Reparación do paseo do río Gallo / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis levou a cabo os traballos para mellorar e acondicionar o paseo do río Gallo desde a ponte do Balneario ata a nacional 640.

Segundo informan desde a alcaldía do Concello, o goberno local decidiu emprender estas obras debido a que a Xunta de Galicia non ofreceu resposta á petición por parte da administración local para que se acometesen estes traballos nun espazo que se utiliza con frecuencia por veciños e por turistas durante a época estival.

O alcalde socialista, Manuel Campos, indica que se converteu en costume que desde a Xunta de Galicia non se atendan as demandas que se realizan desde este Concello.