O Concello de Poio continúa coa repartición de material de protección aos colectivos máis expostos

Poio
11 de abril 2020

Durante o pasado venres, responsables da Policía Local e de Protección Civil entregaron luvas e máscaras integrais aos encargados do servizo de gardacostas da  Confraría de San Telmo, aos mariñeiros do sector pesqueiro á boia e ao comercio local que permanece operativo

A Policía Local e Protección Civil entrega material de protección en Poio
A Policía Local e Protección Civil entrega material de protección en Poio / Concello de Poio

O Concello de Poio continúa coa entrega de máscaras e material de protección entre aqueles profesionais, traballadores e colectivos que, debido á súa actividade, atópanse máis expostos ante o coronavirus.

Por iso, durante o pasado venres, responsables da Policía Local e de Protección Civil entregaron luvas e máscaras integrais aos encargados do servizo de gardacostas da Confraría de San Telmo. Estes traballadores, súmanse aos mariñeiros do sector pesqueiro á boia e ao comercio local que permanece operativo e que recibiron material sanitario ao longo desta semana.

Doutra banda, a Comisión de Emerxencias do COVID-19 confirmou este sábado que o vindeiro luns se incorporarán tres brigadas con tractores para reforzar as tarefas de limpeza en camiños do rural das parroquias de Poio.

Veciños, voluntarios, brigadas compostas por persoal municipal e membros de Protección Civil son os encargados de colaborar nestas tarefas reforzando o traballo desempeñado polo Concello de desinfección de núcleos e facendo fincapé en supermercados, Centros de Saúde ou farmacias. Ademais, estes labores tamén se están realizando no rural cada tres ou catro días.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora