O Concello de Ponte Caldelas tomará medidas contra o parque eólico Serra da Fracha

Ponte Caldelas
16 de xuño 2024

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz anunciou que "iremos da man coa Comunidade de Montes de Baltar para paralizar o parque eólico Serra da Fracha"

Andrés Díaz cos representantes dos comuneiros de Baltar e da Reigosa

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz anunciou que "iremos da man coa Comunidade de Montes de Baltar para paralizar o parque eólico Serra da Fracha".

A pasada semana a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade recolvió o expediente de impacto ambiental relativo ao proxecto do Parque Eólico Serra da Fracha, que afecta a Ponte Caldelas e a Pontevedra.

Este proxecto, promovido por Eólica Santa Teresa, conlevará a instalación de dous aeroxeradores coa súa infraestrutura asociada para ofrecer 8,4 MW de potencia total. O parque eólico, segundo o proxecto, conectarase á rede eléctrica mediante a Subestación Transformadora A Reigosa.

Tras coñecerse esta decisión da Xunta, este venres tivo lugar unha reunión no despacho da Alcaldía de Ponte Caldelas de Andrés Díaz cos representantes dos comuneiros de Baltar e da Reigosa. Neste encontro o rexedor mostrou o seu rexeitamento a este proxecto eólico.

"Sabemos que será un proceso longo, agora ben, iremos a por todas", manifestou o alcalde.

Andrés Díaz confirmou que no Concello de Ponte Caldelas "presentaremos recurso administrativo se o proxecto se aproba pola Consellería de Medio Ambiente ou denuncia no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se o aproba o Consello da Xunta".

No seu perfil nas redes sociais, o alcalde publicou "En Ponte Caldelas nin eólicos nin liñas de alta tensión!" 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en