O Concello do Grove busca persoal para traballar na Festa do Marisco

O Salnés
27 de agosto 2023

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello publicáronse as bases da convocatoria deste proceso selectivo para a contratación do persoal  

Festa do Marisco 2022 Concello do Grove

O Concello do Grove busca persoal para traballar en próxima edición da Festa do Marisco que se celebra do 5 ao 15 de outubro.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello publicáronse as bases da convocatoria deste proceso selectivo para a contratación do persoal.

Búscanse axudantes de cociña, peóns de almacén, caixeiros, dependentes para os postos de venda, operarios de mantemento, peóns de limpeza, operarios de control accesos para servizos como a organización e distribución dos autobuses no recinto da Festa do Marisco.

Cada persoa candidata poderá solicitar a participación nunha ou varias das categorías convocadas sempre que acredite cumprir os requisitos para todas elas. Despois de recibir as solicitudes, o Concello expoñerá a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, especificando a causa de exclusión e facilitando un prazo de corrección.

En total serán 11 días de traballo en outubro, coincidindo coa ponte do Pilar, que serven para prolongar a tempada turística no Salnés.

O Goberno local contratará nos próximos días a montaxe das carpas e a subministración de marisco ademais de presentar a programación musical.