O Concello habilita un teléfono exclusivo para tramitar as axudas a pemes e autónomos

Pontevedra
28 de setembro 2020

A aprobación das bases das subvencións, ata un máximo de 5.000 euros por empresa, provocou unha avalancha de chamadas ao Concello, que instalará tamén unha oficina específica para atender aos solicitantes

Carme da Silva
Carme da Silva / Mónica Patxot

A noticia da aprobación das bases dunha liña de axudas municipais dotadas con 1,25 millóns de euros para axudar aos autónomos e pequenas empresas de Pontevedra a superar a crise económica xerou unha aluvión de chamadas ao Concello de Pontevedra de persoas interesadas para solicitar máis información e mostrar a súa intención de presentar a súa solicitude.

"Sabiamos que ían ter boa acollida, pero foi unha avalancha", declarou a portavoz do goberno local, Carme da Silva, moi sorprendida co inabarcable número de chamadas dirixidas tanto á alcaldía como ao deperamento de Promoción Económica.

Como os traballadores destas áreas non son os encargados de xestionar este trámite nin poden desviar a chamada ao departamento correspondente, o goberno local ideou un novo plan para canalizar todas estas chamadas. Nas próximas horas habilitarán unha liña de teléfono exclusiva para todo o relacionado con estas axudas (618 385 048 ou 681 264 835).

Tamén habilitarán unha oficina específica á que os demandantes serán convocados para comunicarse de forma directa cos funcionarios encargados desta xestión para asesorar aos demandantes acerca de toda a documentación que deben achegar coa súa solicitude.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora