O Concello inicia os trámites para licitar o saneamento dos Gafos sen a Xunta

Pontevedra
11 de setembro 2015

Para o goberno municipal, o saneamento do río Gafos é unha actuación prioritaria. Por iso, tras a decisión de Augas de Galicia de non seguir adiante con este proxecto -apelando aos incumprimentos do Concello á hora de entregar os terreos-, a Xunta de Goberno decidiu iniciar os trámites para licitar estes traballos

Paseo do río dos Gafos
Paseo do río dos Gafos

Para o goberno municipal, o saneamento do río Gafos é unha actuación prioritaria. Por iso, tras a decisión de Augas de Galicia de non seguir adiante con este proxecto -apelando aos incumprimentos do Concello á hora de entregar os terreos-, a Xunta de Goberno decidiu iniciar os trámites para licitar estes traballos. 

Raimundo González explicou que o Concello de Pontevedra asignou 50.000 euros para poder licitar o proxecto e sinalou que hai unha "vontade inequívoca" para abordar o saneamento.

Como xa se comunicara hai días, neste momento o goberno municipal ten abertas varías vías abertas para poder sanear o río Gafos: ben realizar un convenio coa deputación provincial ou ben que sexa executado polo Concello sen colaboración doutra administración.

Sexa como sexa, o edil do BNG adiantou que aínda que o proxecto supera o millón de euros, "temos que ver se podemos licitalo este ano e ver se se poden iniciar as obras", de aí a incorporación, na vindeira modificación de crédito, destes 50.000 euros.

Ademais, Raimundo González manifestou que o goberno local quere deixar aberto o proxecto de saneamento do Gafos, sen restrinxilo á intervención pactada con Augas de Galicia, dado que "ao mellor podemos facer outras intervencións no curso do Gafos".