O Concello tranquiliza os veciños de Ardán ao asegurarlle o bo funcionamento da depuradora

Marín
12 de febreiro 2020

Os residentes nesta parroquia alertaron ao Concello da contaminación da auga da traída nalgunhas vivendas e, tras realizar un estudo, os técnicos determinaron que se debeu a un vertido non doméstico e que en controis posteriores as anomalías foron desaparecendodiv>
O goberno local de Marín reúnese cos comuneiros de Ardán para tratar os problemas da depuradora Concello de Marín

Dar a coñecer as medidas adoptadas polo goberno local e sufocar a preocupación vecinal polo funcionamento da Estación de Depuración de Augas Residuales da Pastoriza, na parroquia marinense de Ardán, foi o obxectivo da reunión mantida este martes por parte do goberno local con directivos desta Comunidade de Montes.

Esta depuradora, pensada para dar cobertura a un núcleo de 102 habitantes, é a única coa que conta o municipio, que envía a maior parte das súas augas residuales ao complexo de Os Praceres. Malia que as dimensións desta estación son as correctas para satisfacer toda a demanda, foron catro os veciños que detectaron contaminación no auga da traída.

Ao coñecer o problema, o Concello encargou un estudo a unha empresa especializada que detectou picos anómales sobre todo no mes de setembro o que lles fai sospeitar da realización de vertidos non domésticos na EDAR.

A vixilancia mantívose nos meses posteriores e os técnicos cetificaron que os valores fóronse normalizando. Aínda así, o goberno local comprométese a manter as analíticas, prestando especial atencion ás catro traídas afectadas ata que non haxa rastro de contaminación.