O concurso das piscinas de Campolongo non se adxudicará antes de 2017

Pontevedra
14 de xuño 2016

O portavoz do goberno local, Raimundo González, informou que xa recibiron o estudo de viabilidade sobre o futuro das piscinas de Camplongo, este documento é imprescindible para poder sacar a concurso de novo a concesión

Exterior das Piscinas de Campolongo Serviocio

O portavoz do goberno local, Raimundo González, informou que xa recibiron o estudo de viabilidade sobre o futuro das piscinas de Campolongo, este documento é imprescindible para poder sacar a concurso de novo a concesión.

González Carballo non desvelou ningún aspecto sobre o seu contido e remitiu a unha inminente reunión con carácter extraordinario da Xunta de Goberno para poñer en marcha este proceso cuxos prazos abocan a que as piscinas non se adxudiquen antes de 2017.

Segundo sinalou o portavoz municipal, unha vez que a Xunta de Goberno aprobe o estudo de viabilidade arrincará un período dun mes para a exposición pública de documento e a presentación de alegacións. Resoltas estas, terá que aprobarse as bases do concurso o que marca uns tempos de "seis meses como mínimo".

Isto significa que o goberno local deberá prorrogar unha vez máis, e xa van sete, o actual contrato de concesión da empresa Serviocio que finaliza o próximo 30 de xuño.