O DOG publica a urxente ocupación dos bens afectados pola rotonda da PO-531, na Devesa

Pontevedra
05 de outubro 2018

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o anuncio da Consellería de Infraestruturas polo que se declara a urxente ocupación dos bens e dereitos dos terreos sobre os que se vai a executar a nova rotonda da PO-531

Cores Tourís cos veciños da Devesa
Cores Tourís cos veciños da Devesa / Xunta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o anuncio da Consellería de Infraestruturas polo que se declara a urxente ocupación dos bens e dereitos dos terreos sobre os que se vai a executar a nova rotonda da PO-531.

O anuncio permite declarar a utilidade pública destes terreos co obxectivo de mellorar esta estrada que presenta unha intensidade media diaria de tráfico moi elevada e que, ademais, atravesa e dá acceso a varios núcleos de poboación e a polígonos industriais tanto do concello de Pontevedra como do concello de Barro.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou a zona acompañado polos veciños e lembrou que esta actuación é a segunda fase dun proxecto de mellora que se iniciou coas obras xa rematadas no acceso ao polígono de Sequeiros, en Barro.

O proxecto define a execución dunha glorieta á saída do núcleo da Devesa, coa que se reducirá a velocidade da circulación na contorna.

Na glorieta entroncarase un ramal de novo trazado, que se conectará co vial principal deste núcleo e que permitirá eliminar o carril central para realizar o xiro á esquerda da intersección.