O Goberno denuncia ao Concello para que os funcionarios devolvan a paga extra

Pontevedra
06 de decembro 2012

O Goberno denunciou ante o xulgado do Contencioso-Administrativo ao Concello de Pontevedra para que os funcionarios devolvan a paga extra de Nadal. En nome do Goberno de España, o encargado de facer este trámite foi o delegado en Galicia, Samuel Juárez, que impugna ante o xuíz o acordo municipal para o abono do plus de productividade

Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra
Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra / PontevedraViva

O Goberno denunciou ante o xulgado do Contencioso-Administrativo ao Concello de Pontevedra para que os funcionarios devolvan a paga extra de Nadal.

En nome do Goberno de España, o encargado de facer este trámite foi o delegado en Galicia, Samuel Juárez, que impugna ante o xuíz o acordo municipal para o abono do plus de productividade.

O Concello capitalino fixo caso omiso ás reiteradas advertencias por parte do goberno que preside o pontevedrés Mariano Rajoy, nas que avisaba que non ía tolerar ningún tipo de insubmisión co decreto, do pasado xullo, polo que se suprimiu a extra de decembro do 2012 para todo o persoal do sector público.

A fórmula empregada polo equipo BNG-PSOE presidido polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, foi encubrir a paga nun plus de productividade, xustificado coa realización de horas extraordinarias por parte dos traballadores entre os días 15 e 30 de outubro.

Para iso o pleno de Pontevedra aprobou o pasado 30 de outubro, unha modificación orzamentaria de 1,3 millóns de euros.

A Delegación do Goberno considera que se cometeu unha ⿿infracción do ordenamento xurídico vixente⿝ polo que acode aos tribunais para que os funcionarios pontevedreses devolvan o diñeiro.