O Goberno insta ás comunidades a adoptar medidas "contundentes" para evitar confinamentos

Pontevedra
03 de novembro 2020

Adoptar medidas "contundentes" para evitar que se teñan que decretar "confinamientos superiores". É a esixencia que realizou o Goberno central, a través da súa portavoz, María José Montero, ás comunidades autónomas. Entre elas, tamén Galicia

María José Montero, portavoz do Goberno e ministra de Facenda
María José Montero, portavoz do Goberno e ministra de Facenda / Pool Moncloa / JM Cuadrado

Adoptar medidas "contundentes" para evitar que se teñan que decretar "confinamientos superiores". É a esixencia que realizou o Goberno central, a través da súa portavoz, María José Montero, ás comunidades autónomas. Entre elas, tamén Galicia.

Tras a rolda de prensa do Consello de Ministros, Montero entende que os executivos autonómicos deben controlar a pandemia nos seus respectivos territorios e frear a expansión do virus "desde la prudencia, el rigor y la evidencia científica".

A ministra defendeu que sexan os "técnicos y expertos" os que suxiran as medidas que deban adoptar as comunidades, que nestes momentos teñen as competencias delegadas.

A nivel nacional, o Goberno defende que "aún es pronto" para valorar o impacto do estado de alarma e do toque de queda decretado para limitar a mobilidade nocturna, unha ferramenta legal que permite ás comunidades "tomar decisiones" para controlar os contaxios.

Nuns sete días, engadiu a ministra Montero, será o momento de valorar se fai falta aprobar novas restricións a nivel nacional.

A este respecto, a portavoz do executivo de Pedro Sánchez lembrou que este mércores haberá unha nova reunión entre o Ministerio de Sanidade e os gobernos rexionais para analizar a situación e adoptar "decisiones compartidas" para o conxunto do estado.

Estas decisións, engadiu María José Montero, teñen que ser ditadas polos respectivos presidentes autonómicos no marco das súas competencias.