O goberno municipal rexeita todas as emendas ao orzamento para 2024

Pontevedra
22 de decembro 2023

O orzamento para 2024 debaterase no pleno do próximo 29 de decembro tal cal foi aprobado polo goberno municipal. O BNG rexeitou as emendas presentadas por PP e PSOE a estas contas, que ascenden inicialmente ata os 94,7 millóns de euros

Raimundo González, edil de Facenda Mónica Patxot

O orzamento para 2024 debaterase no pleno do próximo 29 de decembro tal cal foi aprobado polo goberno municipal. O BNG rexeitou as emendas presentadas por PP e PSOE a estas contas, que ascenden inicialmente ata os 94,7 millóns de euros.

A emenda á totalidade presentada polos populares na comisión de Facenda foi rexeitada por nacionalistas e socialistas, segundo explicou o edil Raimundo González.

"É unha emenda disparatada", sinalou González, xa que entende que "non ten nada que ver co orzamento" e ten como única finalidade "obstaculizar" o funcionamento da administración municipal facendo ver que "todo está mal".

As propostas presentadas polo PSOE, pola súa banda, foron rexeitadas polo BNG, mentres que o PP abstívose, polo que tampouco foron incluídas no orzamento.

Neste caso, asegurou a responsable da área económica do goberno, "si falan do orzamento", pero aprobar estas emendas supoñería "cargarse" as festas, a Feira Franca ou os programas de mantemento dos espazos públicos.

Ademais, terían "problemas de carácter legal" porque contempla suprimir partidas que xa teñen compromisos adquiridos coa administración.

Ante situación, Raimundo González apelou ao "sentidiño" de PP e PSOE porque "é necesario" que Pontevedra teña presupostos. O goberno municipal asegura que estarán "abertos ata ese día" para chegar a algún tipo de acordo coa oposición.