O Ilustrísimo suma a súa detención número 24 con só 18 anos

Pontevedra
05 de agosto 2013

O último rexistro no seu historial remóntase á tarde do 31 de xullo, cando foi detido pola Policía Nacional por supostamente roubar un teléfono móbil iPhone 4 da recepción dun hotel pontevedrés. O teléfono está valorado en 647 euros e o delito de furto implica A.P.C. e a un mozo de 26 anos que lle acompañou xa en otros dos seus delitos, pero que acumula menos antededentes ca el, unha decena

Comisaría da Policía Nacional, Pontevedra Mónica Patxot

24 delitos. Son os que acumula xa no seu historial policial o mozo A.P.C, coñecido en ambientes policiais como 'O Ilustrísimo'. Ten tan só 18 anos.

O último rexistro no seu historial remóntase á tarde do 31 de xullo, cando foi detido pola Policía Nacional por supostamente roubar un teléfono móbil iPhone 4 da recepción dun hotel pontevedrés.

Segundo fontes policiais, o teléfono está valorado en 647 euros e o delito de furto implica A.P.C. e a un mozo de 26 anos que lle acompañou xa en otros dos seus delitos, pero que acumula menos antededentes ca el, entorno a unha decena.

O delito teríano cometido o 26 de xullo, pero non foron detidos ata cinco días despois. Tras prestar declaración e pasar a disposición xudicial, ambos os dous quedaron en liberdade con cargos.

O propietario do teléfono denunciou na Comisaría que se encontraba traballando nun hotel da rúa Palamios cando dous mozos se achegaron ao mostrador de recepción. Mentres un o entretiña, o outro substraeu o teléfono.