O indulto para Ana e Tamara é "innecesario" segundo o Ministro de Xustiza

Pontevedra
10 de decembro 2015

Rafael Catalá asegurou conocer "perfectamente" o caso das pontevedresas Ana e Tamara e, neste sentido, lembrou que a entrada en vigor o pasado 1 de xullo do novo código penal cambiou as penas deste tipo delituoso que "ciertamente tenía un exceso de pena" destacou o ministro, "porque la infracción cometida no justificaba una pena privativa de libertad"

Rafael Catalá, ministro de Xustiza Mónica Patxot

"Estudiamos en su momento la concesión del indulto pero como coincidió en el tiempo con la reforma del Código Penal que ha reducido las penas y las ha hecho alternativas con la pena de multa lo que se ha producido es una revisión de la condena aplicando el juez la pena más favorable".

Así explicou o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, a resolución do caso de Ana María González e Tamara Vidal condenadas a tres anos de prisión por un altercado producido mentres formaban parte dun piquete durante a folga xeral de 2010.

Rafael Catalá asegurou "conocer perfectamente" o caso das pontevedresas Ana e Tamara e, neste sentido, lembrou que a entrada en vigor o pasado 1 de xullo do novo código penal cambiou as penas deste tipo delituoso que "ciertamente tenía un exceso de pena" destacou o ministro, "porque la infracción cometida no justificaba una pena privativa de libertad".

"Creo que en estos momentos se convierte en innecesario el indulto solicitado", valorou o ministro tras lembrar que a solicitude era dun indulto "parcial" xa que o que se pretendía evitar era a entrada en prisión.

Rafael Catalá indicou que este artigo modificouse "a petición" dos diferentes interlocutores sociais, entre eles os dous principais sindicatos que pedían "adecuar la pena a la realidad social".

O ministro de Xustiza fixo estas declaracións en Pontevedra tras participar nun acto de campaña electoral no que lembrou o seu vínculo coa cidade de Pontevedra, pois o seu primeiro destino laboral foi o Goberno Civil. "Fue un año extraordinario", dixo.

Desde entón e potenciado pola súa amizade coa tamén ministra Ana Pastor, acode con regularidade á cidade do Lérez, a pasar algúns días durante as vacacións de verán e Nadal.