O jazz é cousas de nenos... no Crespo Rivas

Pontevedra
30 de outubro 2014

Da man do Seminario de Jazz Permanente de Pontevedra as profes organizaron para este curso un proxecto educativo que integra esta arte musical, con distintos elementos como a aprendizaxe de idiomas

O jazz é cousas de nenos... no Crespo Rivas Escola Infantil Crespo Rivas

Improvisación, creatividade, ritmo. Os nenos soan a jazz ou o jazz é cousa de nenos. Así o entenderon os profesores da Escola de Educación Infantil Concepción Crespo Rivas.

Deste modo, da man do Seminario de Jazz Permanente de Pontevedra organizaron para este curso un proxecto educativo que integra esta arte musical, con distintos elementos como a aprendizaxe de idiomas.

As profes estimularon a creatividade dos pequenos con técnicas de improvisación, expresión corporal, audicións, prácticas vocais e instrumentais, historia..., todo iso mediante actividades divertidas e atractivas.

Este xoves atrevéronse a sacar ao patio da escola o jazz que levan dentro e o fixeron de medo, literalmente, porque aproveitaron a ocasión para tamén celebrar o Samaín xogando e cantando.

Unha fórmula para ensinar deleitando mentres se esperta nos nenos o interese polo mundo creativo e imaxinativo da música.

Arquivado en