O lema 'A nosa voz, o noso espazo, os nosos dereitos' preside desde este venres o Pazo Provincial

Pontevedra
03 de marzo 2023

Este venres 3 de marzo colocouse no edificio do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra a lona co lema reivindicativo 'A nosa voz, o noso espazo, os nosos dereitos' 

Porta do Pazo Provincial cun cartel da campaña polo 8M da Deputación de Pontevedra
Porta do Pazo Provincial cun cartel da campaña polo 8M da Deputación de Pontevedra / Isaac Cabanelas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada por numerosos deputados e deputadas, despregaron este venres 3 de marzo no Pazo Provincial a lona deseñada con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema 'A nosa voz, o noso espazo, os nosos dereitos'.

A presidenta, minutos posteriores ao acto, declarou que aínda existen "certos discursos que negan a violencia machista, a desigualdade e todas as dificultades que temos as mulleres de chegar ao 50% de todo". Asegurou que "os nosos dereitos van ser defendidos polas mulleres pero tamén polos homes que nos acompañan nesta loita".

Silva concluíu asegurando que "imos loitar para que ninguén sexa capaz de arrincar ningún paso avanzado".