O Concello de Marín iniciará este luns as obras de rehabilitación integral do depósito de auga da Costa. O proxecto consistirá en acondicionar o depósito para facilitar o control e manipulación do mesmo.
Despois dunha semana de labores previas para supervisar a zona, o luns 24 de xaneiro é a data elixida para comezar as obras de remodelación da instalación hidráulica da Costa, que se atopa en servizo pero presenta un avanzado estado de deterioro.
O obxectivo do Goberno local é acondicionar todo o depósito incluíndo a cámara de chaves. También renovarán a caldeirería e as válvulas coa finalidade de facilitar o control e manipulación do sistema.
A inversión contará con máis de 163.000 euros e se realizará con cargo ao Plan Concellos.
Esta actuación se une a outras que está levando a cabo o Concello en materia de abastecemento de auga como é a dotación da nova rede de Bexe.