O mal tempo obriga a adiar o 'Día da Matria Galega' de Poio para o 28 de xullo

Poio
23 de xullo 2021

Será un acto institucional no que se fará entrega das bandeiras ás asociacións de nova creación e que incluirá a actuación de 'A Banda da Loba'. O Concello anuncia que todas as persoas que queiran recoller a súa bandeira antes do día 25 de xullo e que se inscribiron previamente poderán recollela na tarde deste venres

As concelleiras Raquel Rodríguez e Marga Caldas, e o concelleiro Xosé Luís Martínez presentan a programación do Día da Matria PontevedraViva

A previsión meteorolóxica para este venres, que alerta de posibilidades de choiva e mal tempo, levou ao Concello de Poio a suspender a celebración do Día da Matria Galega 2021, que tiña previsto para as 20.30 horas nos xardíns de Rosalía de Castro, xunto ao Pazo de Ferreirós

A celebración queda convocada para o vindeiro mércores 28 de xullo ás 21.00 horas no mesmo lugar, segundo anunciou a concelleira delegada de Dinamización Lingüística e Memoria Histórica, Marga Caldas.

Será un acto institucional no que se fará entrega das bandeiras ás asociacións do municipio de nova creación e que incluirá a actuación de 'A Banda da Loba'

O Concello tamén anuncia que todas as persoas que queiran recoller a súa bandeira antes do día 25 de xullo e que se inscribiron previamente poderán recollela na tarde deste venres no Concello. O edificio municipal permanecerá aberto ata ás 20.30 horas.

O acto, que se desenvolverá con estritas medidas de seguridade para adaptarse aos protocolos sanitarios fronte á covid-19 enmárcase dentro das Festas do Verán de Poio.