Os nenos da Escola de Educación Infantil Crespo Rivas visitaron este mércores o Mercado de Abastos.
Coma se dunha caixa de sorpresas se tratase os pequenos foron descubrindo os postos de peixe, de froita, de verduras, os de flores, as cámaras frigoríficas, a carne, o marisco... toda unha novidade para eles.
Os cativos achegábanse a eles prudentes, primeiro xa con confianza preguntaban, tocaban e gozaban da experiencia.
Compraron no mercado e tamén cociñaron peixe e brochetas de froita coa guía dos cociñeiros de El Cafetín.
Cascar ovos, elaborar o reboce, rebozar o peixe e facer as brochetas amosoulles aos nenos que os produtos frescos son saudables e moi ricos.
Deixaron o Mercado cunha flor na man.