O Mercado seguirá tendo postos de venda baleiros

Pontevedra
19 de marzo 2014

O procedemento para adxudicación das vacantes no Mercado de Abastos de Pontevedra entra na recta final. A mesa de contratación cumpriu co trámite de apertura das propostas económicas correspondentes ás 26 ofertas recibidas no Concello

Mercado de Abastos de Pontevedra Mónica Patxot

O procedemento para adxudicación das vacantes no Mercado de Abastos de Pontevedra entra na recta final. A mesa de contratación cumpriu co trámite de apertura das propostas económicas correspondentes ás 26 ofertas recibidas no Concello.

Unha vez examinada polo miúdo a documentación, dous licitadores foron excluídos por terse presentado fóra de prazo e por defectos na proposta, polo que continúan adiante 24 aspirantes.

As bases permiten optar a varios postos de venda e, unha vez examinada a documentación, comprobouse que as ofertas abranguen un total de 68 bancadas e casetas. Non obstante, esta cifra vai quedar reducida porque dáse por seguro  que se teñen presentado varias ofertas sobre un número indeterminado de postos.

A partir de agora os técnicos da concellería de Promoción Económica estudarán a documentación e elaborarán a proposta final de adxudicación. Ao tratarse dun procedemento de poxa, en principio optarase pola mellor oferta económica. Non obstante, hai que ter en conta o previsto nas bases sobre os dereitos de "tanteo" e "retracto" para as actuais praceiras e que os ofertantes non poden ter máis de 9 bancadas ou 3 casetas na Praza.