O militante máis veterano do Bloque en Pontevedra cumpre 103 anos

Pontevedra
25 de marzo 2017

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores visitou este sábado a José Lorenzo Lago no seu domicilio para felicitalo polo seu 103 aniversario. José estaba acompañado da súa muller, que agarda visitar pronto Fernández Lores xa que ten 97 anos, e da súa familia máis directa

José Lorenzo Lago co alcalde de Pontevedra Concello de Pontevedra

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores visitou este sábado a José Lorenzo Lago no seu domicilio para felicitalo polo seu 103 aniversario.

Lores comprobou que José Lorenzo ten unha boa saúde -coa condición propia destas idades-, e os dous falaron, entre outras cousas, do BNG xa que José é o militante máis veterano do Bloque en Pontevedra.

José estaba acompañado da súa muller, que agarda visitar pronto Fernández Lores xa que ten 97 anos, e da súa familia máis directa.

José Lorenzo sumouse dende hai tres anos ao selecto grupo dos centenarios do municipo que tan gustosamente visita Fernández Lores dende que é alcalde para felicitalos en tan sinaladas datas.