O Paseo dos Barcos estreará unha nova pasarela de madeira antes do verán

Sanxenxo
19 de abril 2022

Esta obra, que supoñerá un investimento de 90.000 euros, inclúe ademais a remodelación do mobiliario co obxectivo de embelecer este tramo e unificar a imaxe ao longo de toda a senda que comunica a Praza dos Barcos coa praia de Panadeira

Traballos de renovación da pasarela da Praza dos Barcos
Traballos de renovación da pasarela da Praza dos Barcos /

Unha actuación conxunta entre o Concello de Sanxenxo e Portos de Galicia permitirá renovar os 1.000 metros cadrados da pasarela de madeira do Paseo dos Barcos.

Esta obra, que supoñerá un investimento de 90.000 euros, inclúe ademais a remodelación do mobiliario co obxectivo de embelecer este tramo e unificar a imaxe ao longo de toda a senda que comunica a Praza dos Barcos coa praia de Panadeira.

Os traballos de mellora durarán dous meses e incluirán a colocación de 30 novas xardineiras metálicas de dous metros de longo na que se plantarán especies aromáticas como a lavanda. 

As macetas se intercalarán entre os 35 bancos de granito actuais que se forrarán con listóns de madeira e colocaránselles respaldos para facelos máis confortables e cómodos. 

O Paseo dos Barcos é unha zona moi transitada ao longo de todo o ano, xa que na zona atópanse numerosos locais de hostalería, e de forma especial no verán debido á súa proximidade ao porto e á praia de Panadeira.

Xa o ano pasado Portos de Galicia puxo en valor a histórica rampla de varada que se sitúa na praia dos Barcos coa colocación dunha escalinata de pedra, a modo de bancada, que permite gozar da contorna.