O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asinou nas últimas horas un convenio co xefe de demarcación de Fomento Ángel González del Río polo que o Ministerio cede a titularidade da PO-12, entre a rotonda de Malvar e a ligazón coa PO-11, ao concello pontevedrés.
O motivo desta cesión é que Fomento non pode eliminar carrís das súas vías, segundo explicaba Fernández Lores. E o proxecto de crear un paseo que unha Pontevedra e Marín leva a supresión dun carril para dar continuidade ao tramo peonil que xa se atopa realizado na contorna das Corbaceiras.
Agora, está previsto que a Dirección Xeral de Costas asuma a obra desde a rotonda onde agora finaliza o paseo ata a curva da ligazón coa variante de Marín e coa autoestrada.
O alcalde sinalou que o obxectivo é aproveitar os sobrantes da conexión coa autoestrada e posteriormente conectar co paseo de pescadores dos Praceres.
O tramo cedido conta con 460 metros lineais e 9.000 metros cadrados. O alcalde espera que este proxecto acométase de forma breve por Costas para continuar o paseo ata Marín.