O Pazo Baión acollerá a entrega de premios do Colexio de Arquitectos de Galicia

O Salnés
01 de setembro 2021

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra a XIX edición dos seus premios de arquitectura coa participación de 197 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre 1 de agosto do 2018 e o 30 de setembro do 2020

Edificio dos Xulgados de A Parda
Edificio dos Xulgados de A Parda / COAG

O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) celebra a XIX edición dos seus premios de arquitectura coa participación de 197 propostas visadas, executadas e finalizadas no ámbito territorial da entidade colexial entre 1 de agosto do 2018 e o 30 de setembro do 2020.

O acto público de entrega de premios celebrarase o 25 de setembro pola tarde no Pazo de Baión en Vilanova de Arousa. 

As propostas participantes están incluídas dentro destas nove categorías: residencial de nova planta (na que se distingue entre vivenda unifamiliar con 31 candidaturas, e vivenda colectiva, con 3 candidaturas); outros edificios de nova planta, 15; obras de restauración e rehabilitación, 49; obras de interiorismo, 41; arquitecturas efémeras e deseño, 15; deseño de espazos urbanos, xardinería e paisaxismo, 16; divulgación e investigación, 14; proxecto fin de carreira, 13; e categoría especial a toda a Traxectoria Profesional que se fallará previamente á gala de entrega dos galardóns.

A decana do COAG, Elena Ampudia, manifesta a satisfacción da xunta de goberno do colexio oficial pola "alta participación" no certame, e agradece a todas as persoas colexiadas o seu "entusiasmo" con estes premios. "Será bastante complexa a elección de finalistas data a calidade de todas e cada unha das candidaturas", vaticina.

Tamén destacou a "excepcional calidade da arquitectura galega".