O Pazo da Cultura acollerá a exposición 'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato'

Pontevedra
11 de decembro 2016

A mostra acaba de recibir unha Mención de Honra no VII Premio Iberoamericano de Educación e Museos promovido pola Organización de Estados Iberoamericanos

Exposición 'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato'
Exposición 'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato' / Parque de las Ciencias de Granada

O Pazo da Cultura acollerá a exposición producida polo Parque das Ciencias de Granada 'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato'.

A mostra acaba de recibir unha Mención de Honra no VII Premio Iberoamericano de Educación e Museos promovido pola Organización de Estados Iberoamericanos.

Segundo informou o Parque das Ciencias nunha nota, actualmente e ata o 6 de febreiro de 2017 dita mostra pode verse na Facultade de Educación da Universidade de Lleida, e posteriormente estará instalada no Claustro Alto do Edificio Histórico da Universidade de Oviedo.

Tras o seu paso pola cidade asturiana, está previsto que chegue ao Pazo da Cultura de Pontevedra e para o inicio do curso académico 2017-2018 xa hai outras cidades como Valencia que queren acoller a mostra.

'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato' percorre a traxectoria pedagóxica e vital do recoñecido investigador italiano Francesco Tonucci. A mostra profundiza no seu concepto da educación baseado no respecto e escoita aos nenos, así como no valor da participación para fomentar a aprendizaxe e promover a curiosidade.

Unha exposición dedicada a falar de educación, da infancia, de pedagoxía e sobre todo da importancia social dos bos profesionais da educación. Unha invitación para pensar, a discutir prácticas desacertadas, a imaxinar un cambio. E ao mesmo tempo, unha oportunidade para mostrar a intelixencia e a creatividade dos nenos e adultos, a súa capacidade para aprender e construír, segundo valora o Parque das Ciencias.