O Plan Social de ENCE pecha a súa convocatoria con 495 proxectos presentados, un 30% máis que na edición anterior

Pontevedra
03 de outubro 2024

A iniciativa de Educación e Cultura crece un 95% con respecto a 2023. Un total de 254 proxectos foron presentados na categoría de Deporte de Base

Proxecto E-Kletta rutas sostenibles ENCE

Un total de 495 iniciativas foron presentadas na nova convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra dotado con tres millóns de euros. Este rexistro supón un crecemento do 30% con respecto ao número de proxectos da edición de 2023.

O Deporte de Base, cun total de 254 proxectos e, Educación e Cultura, que alcanzou 78, foron as áreas de actuación máis solicitadas. Estas cifras representan un crecemento dun 38% e un 95%, respectivamente, con respecto ás iniciativas das mesmas categorías presentadas na edición de 2023. Tamén destacan as 76 actuacións, en Recuperación e Coidado da Contorna, as 55 na área de Promoción da Inclusión Social e as 32 focalizadas en Emprendemento e Innovación.

Área de actuación Importe destinado Nº Proxectos presentados 2023 Nº Proxectos presentados 2024
Promoción da inclusión social 530.000 euros 48 55
Recuperación e coidado da contorna 550.000 euros 52 76
Educación e Cultura 450.000 euros 40 78
Emprendemento e innovación 700.000 euros 41 32
Deporte de base 700.000 euros 184 254
Axudas veciñais N/A 23 N/A
TOTAL 3.000.000 388 495

 

Ence dará a coñecer os resultados da convocatoria, que arrincou o pasado dous de setembro e finalizou o 1 de outubro, antes de concluír este exercicio 2024. A listaxe de beneficiarios poderá consultarse a través da páxina web do Plan Social de Ence

Ademais, como en convocatorias anteriores, cada solicitante recibirá unha notificación sobre a valoración e o resultado do proxecto presentado.