O PP critica que o goberno de Lores trate de xestionar o lixo sen consultar coa oposición

Pontevedra
03 de marzo 2016

Os populares entenden que se trata dunha imposición por decreto e esixe que o asunto leve a un debate plenario sosegado

Colector de lixo en Pontevedra
Colector de lixo en Pontevedra / Mónica Patxot

O portavoz popular, Jacobo Moreira, emitiu por escrito o seu malestar porque o goberno do BNG "trate de impoñer" o seu criterio sobre a xestión dos lixo, sen escoitar a opinión dos veciños e sen consultar a postura dos demais grupos municipais.

Os populares entenden que se trata dunha imposición por decreto e esixe que o asunto leve a un debate plenario sosegado, á vez que reclama máis información sobre esta "nova ocorrencia do BNG" por non transmitirlles esta iniciativa.

Jacobo Moreira lamenta que "unha minoría pretenda decidir en solitario esparcir o lixo por todo o rural" e pide ao BNG que deixe de traballar "á esculca do gran de millo". Segundo os veciños de Pontevedra están a pagar anualmente 20.000 euros polos terreos para a planta de compostaxe da Canicouva "sen saber se se vai a usar ou non, pois non existe proxecto algún".