O PP de Poio critica a subida da 'viñeta' para coches, motocicletas e furgonetas

Poio
29 de xaneiro 2022
Actualizado: 16:10

O portavoz popular, Ángel Moldes, asegura que os veciños de Poio pagarán en 2022 un 10% máis polo imposto de circulación dos seus vehículos

Ángel Moldes e Rocío Cochón
Ángel Moldes e Rocío Cochón / PP de Poio

O portavoz do Partido Popular de Poio, Ángel Moldes, criticou este sábado a subida do imposto de circulación no municipio, a coñecida como 'viñeta'.

En concreto, segundo Moldes, os veciños do municipio pagarán en 2022 un 10% máis por este imposto relativo a coches, motocicletas e furgonetas.

"Mentres outros Concellos apostan por bonificacións reais e baixada de impostos, o tripartito que goberna Poio aposta por subidas xenéricas de impostos a toda a veciñanza como é o caso da viñetas", defende Moldes.

Ademais o representante do PP asegura que "todo aquel veciño que teña unha segunda vivenda ou unha vivenda deshabitada pagará un 25% máis de IBI", aínda que dende o Concello anunciaron que non se vai a aplicar ao estar pendentes da revisión do Estado sobre este tema.

Para os populares, argumenta, a mellor maneira de defender a autónomos, pemes, empresas e familias do municipio pasa por aliviar a presión fiscal e non contar "cos impostos máis altos de todo a nosa contorna".